Novas do Centro Cívico dos Rosales
04/10/2024
Información sobre as prazas vacantes na convocatoria de actividades socioculturais do centro cívico de Rosales.
Excepto en apoio escolar, que é unha actividade gratuíta e que continuará aberta a inscrición ata a cobertura de prazas, para inscribirse no resto de actividades, débese contactar coa conserxería do centro cívico canto antes porque o período de inscrición e pago finaliza o domingo 6 de outubro.
Tamén vos queriamos informar de que a partir deste venres retomamos a actividade de "Espazo Xove", unha actividade dirixida a rapazas e rapaces de 12 a 17 anos, que ten lugar os venres de 18:30 a 20:30, e que é gratuíta e de acceso libre.
26/09/2024
Enviamos información sobre as actividades para menores que programamos no centro cívico de Labañou e Rosales e que aínda teñen prazas dispoñibles.
Achegamos tamén unha mostra dos xeniais vídeos que crean os nenos e nenas na actividade de "Animación con Stop-motion".
30/08/2024
05/03/2024
Remitimos información sobre a actividade "Recuncho do xogo" que se vai a levar a cabo nos centros cívicos e veciñais da Coruña, durante o período vacacional de Semana Santa, en concreto os días 25,26 e 27 de marzo.
31/01/2024
Remitimos información sobre un interesante obradoiro de animación dixital que imos levar a cabo no centro cívico de Rosales.
30/01/2024
Festas de entroido no Centro Cívico dos Rosales
30/01/2024
Remitimos información sobre as actividades con prazas libres nos centros cívicos da contorna.
Para inscribirse poden achegarse ao longo desta semana á conserxería de cada un dos centros cívicos.
07/12/2023
Informámoslles da obra de teatro "Ligerito caminando" que programou o grupo de teatro afeccionado "Portas Abertas" no salón de actos do centro cívico de Rosales o martes 12 de decembro ás 18:30.
O acceso é gratuíto.
Esperamos que sexa do seu interese e agradecemos difusión.
01/12/2023
Convocatoria Municipal de actividades socioculturales nos centros Cívicos
29/11/2023
13/11/2023
Achegamos información sobre unha xornada multiaventura de Rafting o sábado 18 de novembro, está organizada polo Concello da Coruña e dirixida a menores de 12 a 17 anos.
Trátase dunha actividade gratuíta e a inscrición levarase a cabo o 13,14 e 15 de novembro na conserxería do centro cívico de Rosales.
As prazas son limitadas e a admisión será por orde de inscrición.
19/09/2023
Pago de actividades OFRECIDAS POLOS CENTROS CÍVICOS:
Ir a https://coruna.gal/ingresos. O "código" é o da actividade (aparece na última columna do documento de admisións). O "documento" é o DNI. O "concepto" aparece cando picamos sobre a frecha da dereita. Comprobade os datos e a actividade xunto con o importe a pagar. Seleccionar "Xerar autoliquidación". Para pagar con cartón hai que pulsar sobre "pagar con cartón" 👇👇👇👇👇👇👇👇👇
23/08/2023