Información sobre a Asociación

 


¿QUENES SOMOS?

A Asociación de Veciños dos Rosales creouse no ano 2004 co fin de mellorar tanto, o desenvolvemento urbanístico, o tráfico e transporte, a situación da ensinanza, sanidade e consumo, calidade de vida e medio ambente e todo o que fose importante para a defensa dos intereses do barrio e dos seus veciños.

Somos unha pequena cantidade de veciños e veciñas unidos para facer do noso barrio un lugar máis colaborativo, comunicativo, eficaz e agradable para todos os que vivimos nel. Tamén empeñados en reunir as condicións e recursos necesarios para poder satisfacer a todos os veciños e veciñas: nenos e nenas, xovenes, adultos e maiores da terceira idade, para que, todos e todas teñamos a posibilidade de realizar actividades culturais, deportivas, sociais, de ocio, etc, etc, que sexan do noso agrado e enriquezan a todo o barrio.

 


SEGUIMOS TRABALLANDO PARA:

-Unha das demandas máis antigas e que ainda non conseguimos de xeito definitivo é o acondicionamento do "camiño do cura" do que temos a promesa do concello de que para finais deste ano estará listo definitivamente.

-Na ampliación da frecuencia e liñas de autobuses urbáns.

-Na construcción de áreas deportivas nos terreos cercanos ó Centro de Emprego pola carretera ó Monte de San Pedro.

-Reforma e recuperación para usos veciñais do edificio da antiga escola infantil ( locais para o club deportivo, para a asociación de comerciantes e empresarios, salas de usos múltiples, talleres xuvenís e da terceira idade) posto que o centro cívico non dispón da capacidade para todo isto.

-Execución do proxecto de recuperación da ladeira do Monte de San Pedro: sendas, merendeiros, área canina, campo da festa.....etc.

-Construcción de vivendas sociais no terreo municipal abandonado na rúa Emilio Gonzalez López.

-Peche definitivo de madeiras Peteiro.

-Revisión do Plan de urbanización de Cuatro Vientos sustiuindo por áreas de esparcemento e deportivas, gañando espazos verdes que den servicio o barrio.

-Arranxo das aceras de todo o barrio que actualmente teñen baldosas rotas e/ou levantadas.


A PARTE DE XESTIONAR TODO O ANTERIOR tamén levamos a cabo:

-As actividades deportivas ( pilates, zumba e yoga).

-As festas patronais, o carnaval pequeno, San Xoán e pretendemos recuperar o Samaín.

-Intermediar entre as peticións dos veciños e o concello.


OBXETIVO DA CREACIÓN DESTA PÁXINA:

-Aumentar o número de colaboradores coa Xunta directiva da Asociación de veciños, xa que neste momento somos un pequeño grupo. Cantos máis sexamos a colaborar na realización das tarefas, mais sinxela e eficaz será a nosa labor de mellora do barrio.

-Aumentar o número de socios e por tanto o número de posibilidades para levar a cabo todas as actividades e obxetivos que nos propoñamos, mellorando desta maneira  a comunicación, colaboración e unión do noso barrio.

-Que todos os veciños e veciñas estemos informados de todo o que ocorre no barrio tendo a nosa disposición esta canle de comunicación libre para todos e todas. Unha forma de manter ó barrio conectado, unido e en continua colaboración.

Un barrio sen Asociación veciñal non é visible para as administracións públicas.

 

 

 

Na nosa páxina web podes:⬇️